RECEPCION EN LA EMBAJADA DE ESPANA

O PRESIDENTE DA XUNTA SALIENTA QUE A GALICIA EXTERIOR “MARCARÁ A PAUTA DO QUE HA DE SER A GALICIA E A ESPAÑA DO SÉCULO XXI”

 Emilio Pérez Touriño ofreceu esta tarde unha recepción na Embaixada Española en París á colectividade galega, nun encontro no que participaron máis de 800 persoas
 Asegura que nada o fai sentir máis orgulloso que saír fóra e sentir “o recoñecemento de Galicia a través dos seus concidadáns polo seu exemplo, intelixencia e por ser capaces de integrar e de construír espazos de traballo e de liberdade”
 Destaca que os galegos se caracterizan pola súa capacidade de apertura, de diálogo, de integración e de “comunicarnos con outras culturas, outras linguas e outras civilizacións”
 “Os galegos somos xente aberta ao mundo, por tradición, por historia e por vocación” asevera, lembrando que isto supón partir “dunha posición que hoxe é un privilexio”

París, 25 de abril de 2008.- O máximo mandatario galego, Emilio Pérez Touriño salientou hoxe o papel que ten desempeñado a colectividade galega no exterior ao longo da historia, e amosouse confiado de que este se incremente aínda máis no presente e no futuro. Na recepción que ofreceu esta tarde o presidente da Xunta á colectividade galega residente en París, Emilio Pérez Touriño amosouse confiado en que “a Galicia exterior marcará a pauta do que ha de ser a Galicia e a España do século XXI”.

No acto, que tivo lugar na Embaixada española e que contou coa participación de máis de oitocentas persoas, Touriño insistiu ante a comunidade galega, que son eles “con nomes e apelidos” co seu “traballo e suor” quen contribuíron decisivamente a que a nosa colectividade no exterior “sexa máis importante que nunca no presente e no futuro”.

O máximo mandatario galego incidiu especialmente en que cada un dos galegos emigrados ten contribuído decisivamente, coa súa traxectoria vital e profesional, e co seu “quefacer vital” a debuxar, día a día, “no presente e na historia esa malla que une e vincula a Galicia ao longo dos continentes e aquela da que nos podemos sentir orgullosos”, aseverou.

“Nada me pode facer sentir máis orgulloso de ser presidente da Xunta que saír fóra da nosa terra e sentir o recoñecemento a Galicia a través dos seus concidadáns polo seu exemplo, intelixencia e por ser capaces de integrarse e de construír espazos de traballo e de liberdade alí onde se atopan”, aseverou Touriño insistindo en que a Galicia de hoxe “non sería recoñecible sen a emigración”.
A vantaxe de ser galegos
Na súa intervención, o titular do Goberno autonómico resaltou ademais un trazo característico da identidade galega: a capacidade de apertura, de diálogo, de integración, “de comunicarnos con outras culturas, outras linguas e outras civilizacións”, indicou. “Os galegos somos xente aberta ao mundo, por tradición, por historia e por vocación”, insistiu o presidente da Xunta lembrando que precisamente iso é o polo que “partimos dunha posición que hoxe é un privilexio”.

A este respecto explicou que, mentres que a condición de emigrante foi nun tempo de “dor, angustia e incerteza”, hoxe a rede de galegos existentes “ao longo e ancho do mundo” e “esta Galicia que sabe vivir aberta neste diálogo continuo entre o de dentro e o de fóra, entre o endóxeno e o exóxeno, entre o que nos é propio e o que absorbemos dos demais” constitúe unha gran vantaxe. “A nosa capacidade de innovar depende do que aprendemos da galeguidade e de xente coma vós, nos distintos lugares do mundo”, concluíu o máximo mandatario galego ao respecto.
[ Añadir un comentario ] [ Ningún comentario ]
# Enviado el domingo 27 de abril de 2008 17:40
Modificado el lunes 28 de abril de 2008 03:11

INAGURACION EXPO GALLEGA

INAGURACION EXPO GALLEGA
O PRESIDENTE DA XUNTA AMÓSASE CONFIADO EN QUE A EXPOSICIÓN DE CAIXANOVA ARTE GALEGA 2D-XXI SE CONVERTA NUN “FITO NA PRESENZA ARTÍSTICA GALEGA EN PARÍS”

 Emilio Pérez Touriño presidiu estar tarde na capital francesa a inauguración da mostra, acompañado do presidente de Caixanova e da directora do Instituto Cervantes
 Resalta o feito de que a arte galega poida “comparecer publicamente” en París, “capital tradicional da modernidade artística e un dos principais focos internacionais de irradiación creativa”
 Salienta o espírito “acolledor” do Instituto Cervantes e o papel desempeñado por Caixanova na promoción e difusión da cultura artística en Galicia e máis alá das súas fronteiras
 A mostra, que estará exposta ata o vindeiro 30 de maio na sede do Instituto Cervantes de París, é unha selección de fotografía e pintura de dezaseis autores plásticos galegos consagrados e cunha recoñecida traxectoria internacional

París, 25 de abril de 2008.- “Estou convencido de que esta exposición vai supoñer un fito na presenza artística galega en París”. Estas son as palabras do presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, que esta tarde inaugurou na capital francesa a mostra Arte Galega 2D-XXI. Colección Caixanova, unha selección de obras de dezaseis artistas galegos actuais, xa consagrados e cunha recoñecida traxectoria internacional. Durante o acto, o máximo mandatario autonómico estivo acompañado do presidente de Caixanova, Julio Fernández Gayoso, e da directora do Instituto Cervantes, Carmen Caffarel.

Na súa intervención, o titular da Xunta destacou a valía destes artistas plásticos galegos, aos que cualificou de “creadores de primeira liña” e resaltou a importancia que esta mostra pode ter para o seu futuro, aínda que moitos deles xa están “plenamente internacionalizados”.

Emilio Pérez Touriño amosouse especialmente satisfeito polo feito de que a arte galega teña ocasión de “comparecer publicamente” na cidade de París, “capital tradicional da modernidade artística” e que segue a ser hoxe “un dos principais focos internacionais de irradiación creativa”.

O presidente galego agradeceu o feito de que o Instituto Cervantes de París lle abra as portas “con entusiasmo e espírito autenticamente acolledor” a unha manifestación da creación contemporánea da nosa comunidade, así como a contribución de Caixanova á promoción e difusión da cultura artística galega tanto dentro de Galicia como máis alá das súas fronteiras.

da súa presenza e da súa imaxe no exterior a través deste organismo. Unha imaxe, engadiu, que transmite e recolle “con fidelidade” a realidade da “España plural, unida e diversa, desa España consciente de que a súa pluralidade lingüística e cultural é un dos seus maiores activos e un valor que nos fai a todos máis ricos”.

“E ese espírito integrador do Instituto Cervantes, ese ánimo inclusivo, esa convición de que a España plural de todas as linguas e de todas as culturas españolas, e polo tanto de todos os cidadáns españois, independentemente da lingua na que se expresen, é precisamente –aseverou Touriño ao respecto-, o que fai posible que asinemos hoxe esta declaración de intencións”.

Na súa intervención, o mandatario galego referiuse ademais aos estreitos vínculos existentes entre Galicia e Francia, vínculos que se ven reforzados a través do Camiño de Santiago, posto que é precisamente no país veciño de onde parten as catro grandes rutas que dan orixe ao principal itinerario desta ruta: o Camiño Francés.

Por último, Touriño destacou o “extraordinario papel” que Francia e a súa capital, París, teñen desempeñado ao longo da historia nas loitas dos demócratas galegos e españois “pola liberdade e o progreso”.
[ Añadir un comentario ] [ Ningún comentario ]
# Enviado el domingo 27 de abril de 2008 17:33

FIRMA DE ACUERDO CON EL CERVANTES

FIRMA DE ACUERDO CON EL CERVANTES
TOURIÑO E CAFFAREL ASINAN UN ACORDO DE INTENCIÓNS PARA INCREMENTAR A COOPERACIÓN ENTRE A XUNTA E O INSTITUTO CERVANTES NA PROMOCIÓN E DIVULGACIÓN DA LINGUA E DA CULTURA GALEGAS

 O presidente da Xunta e a directora do Instituto Cervantes rubricaron esta tarde en París a declaración de intencións entra ambas as dúas institucións
 O acordo ten por obxecto divulgar e ampliar os cursos de coñecemento da lingua galega, incrementar a presenza bibliográfica en galego nos centros do Instituto Cervantes e estudar a difusión de contidos académicos e culturais nos portais que este centro posúe en internet
 O titular da Xunta cualifica aos Institutos Cervantes como “as mellores embaixadas da cultura española”, porque “vehiculan” a imaxe e presenza de España no exterior, desa España “plural, unida e diversa” que ten na pluralidade lingüística e cultural “un dos seus maiores activos”
 Salienta o destacado papel que Francia ten desempeñado ao longo da historia na loita dos demócratas galegos e españois a prol “da liberdade e do progreso”

París, 25 de abril de 2008.- O presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, e a directora do Instituto Cervantes, Carmen Caffarel, asinaron esta tarde en París unha declaración de intencións entre ambas as dúas institucións co fin de incrementar o labor de cooperación na promoción, difusión e ensino da lingua e da cultura galegas no exterior.

Concretamente, o acordo rubricado hoxe pretende ampliar a divulgación dos cursos de coñecemento da lingua galega que se ofrecen en distintos centros do Instituto Cervantes e potenciar que a programación académica destes centros promova a impartición de cursos de formación de lingua galega preparatorios dos Certificados de Lingua Galega (Celga). De igual xeito, estudaranse instrumentos de cooperación para que a Xunta poida proporcionar contidos académicos e culturais para os portais que o Instituto Cervantes posúe en internet, en especial, para o Centro Virtual Cervantes e en Cervantes TV. Así mesmo, incrementarase a presenza bibliográfica galega nas bibliotecas deste organismo –que na actualidade contan con 5.000 volumes en galego-, e promoverase a participación de empresas galegas nas actividades que a Xunta e o Instituto Cervantes poidan desenvolver conxuntamente. Complementariamente, o Goberno galego comprométese a apoiar a implantación e difusión da Aula Virtual Española, deseñada polo Cervantes para a aprendizaxe e a ensinanza en español como lingua estranxeira a través de internet.

Durante a súa intervención, Emilio Pérez Touriño subliñou a súa satisfacción pola presenza que na actualidade teñen a lingua e a cultura galegas nos programas e actividades dos Institutos Cervantes e amosouse convencido en que esta declaración de intencións se traducirá “no incremento da colaboración que a Xunta e o Instituto vimos mantendo de xeito continuado nun crecente número de países”.

Os Cervantes, “embaixadas da cultura española”
Paralelamente, o xefe do Executivo autonómico referiuse aos Institutos Cervantes como as “mellores embaixadas da cultura española”, por canto que España vehicula gran parte traballo, de colaboración intensa e cordial e ímolo seguir desenvolvendo”, concluíu a este respecto o máximo mandatario galego.

[ Añadir un comentario ] [ Ningún comentario ]
# Enviado el domingo 27 de abril de 2008 17:26

GALICIA EN LA UNESCO

GALICIA EN LA UNESCO
PÉREZ TOURIÑO PLANTÉXALLE AO DIRECTOR XERAL DA UNESCO A “EXPECTATIVA E A ESPERANZA” DE QUE A TORRE DE HÉRCULES SEXA DECLARADA PATRIMONIO DA HUMANIDADE

 O presidente da Xunta reuniuse esta tarde con Koichiro Matsuura, durante unha entrevista de máis de media hora de duración
 Salienta que a candidatura está “no bo camiño” e que se espera “culminala con éxito”, aínda que apela á prudencia á espera da decisión dos expertos
 Touriño e Matsuura acordan asinar un memorando de entendemento para incrementar a cooperación entre a Xunta de Galicia e a UNESCO
 Ese memorando recollerá, entre outras, a experiencia de Lugo e Santiago en materia de rehabilitación co fin de ofrecer axuda e colaboración na recuperación do patrimonio en ámbitos e cidades de Iberoamércia
 O director xeral da UNESCO anima a Galicia a presentar candidaturas ao título de Patrimonio Inmaterial, posto que a comunidade galega, indica, é “moi rica desde este punto de vista”
 O presidente da Xunta agradece esta “suxerencia e oferta” e comprométese a que o memorando de colaboración se plantexarán iniciativas para que Galicia poida tamén presentar elementos de interese no campo do patrimonio inmaterial

París, 25 de abril de 2008.- O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, plantexoulle hoxe ao director xeral da UNESCO, Koichiro Matsuura, a “expectativa prudente e responsable” e a “esperanza” que ten Galicia en que a Torre de Hércules poida ser declarada Patrimonio da Humanidade. Así llo transmitiu o titular do Goberno galego ao director xeral da UNESCO, durante a entrevista que mantiveron esta tarde en París.

“Hai un comité internacional, un procedemento técnico de selección”, asegurou Pérez Touriño respecto á candidatura da Torre de Hércules, asegurando que está en marcha a súa tramitación, que se está “no bo camiño” e que espera “culminar con éxito” esa declaración. O presidente galego subliñou que se trata do unico faro da época romana que se conserva na actualidade nun bo estado e que conta con elementos “de alto valor”. Expresou ademais a necesidade de ser prudente a este respecto e “quedar na expectativa responsable en relación co traballo que han de facer os expertos e o comité” respecto da declaración final.

Segundo informou Koichiro Matsuura, a candidatura da Torre de Hércules será examinada no comité de patrimonio mundial que terá lugar en Sevilla o ano que vén, sendo a ONG ICOMOS a encargada de examinar o proxecto desde o punto de vista profesional, un exame que o director xeral da UNESCO cualificou como “fundamental para a candidatura”.


Sinatura do memorando de entendemento
Tanto Emilio Pérez Touriño coma o propio director xeral da UNESCO coincidiron en destacar que o encontro mantido hoxe foi “moi frutífero” posto que ambos abordaron o xeito de incrementar as relacións entre Galicia e a UNESCO.
De feito, tras a reunión ambos mandatarios avanzaron que se ten chegado ao acordo de asinar un memorando de entendemento “que nos sirva para fortalecer esa colaboración nun próximo e inmediato futuro”, en palabras de Pérez Touriño. Un memorando que abarcará “moi diversos temas” referentes ao eido educativo, científico e cultural.

O máximo mandatario autonómico explicou que este acordo de entendemento tamén acollerá unha nova experiencia que xa lle foi presentada ao director xeral da UNESCO consistente en aproveitar as capacidades e experiencias en rehabilitación histórico-artística da cidade de Santiago e as experiencias en materia de arqueoloxía da cidade de Lugo para colaborar con Iberoamérica baixo “o paraugas e a dirección da UNESCO”, co fin de ofrecer axuda e colaboración en materia de recuperación do patrimonio en ámbitos e cidades da propia Iberoamérica.

Candidatura do Xurés-Gêres
Así mesmo, durante a xuntanza, analizouse tamén o traballo que se vén desenvolvendo “con éxito” no que a Patrimonio da Humanidade e Reservas da Biosfera se refire, no que Galicia conta xa con importantes distincións: en canto a patrimonio mundial a cidade de Santiago, o Camiño e a propia Muralla de Lugo; e as Terras do Miño; Área de Allariz; Ancares lucenses e montes de Cervantes, Navia e Becerreá; xunto con Eos, Oscos e Terras de Burón en canto a Reservas da Biosfera.

Emilio Pérez Touriño insistiu especialmente na importancia que ten para o Goberno galego o desenvolvemento sostible e a protección dos ecosistemas e salientou que no encontro con Koichiro Matsuura tivo a oportunidade de informarlle de que Galicia, en colaboración con Portugal, está a desenvolver a candidatura dunha nova Reserva da Biosfera, a que ten que ver co parque internacional Xurés-Gêres.

Animar a presentar candidaturas ao patrimonio inmaterial
Así mesmo, durante a reunión Emilio Pérez Touriño transmitiulle ao director xeral da UNESCO a importancia que ten para Galicia a preservación das linguas, e presentoulle o conxunto de accións que desde Galicia se van realizar no contexto de celebración do Ano Internacional das Linguas.

Xunto con isto, Koichiro Matsuura puxo especial énfase nun novo campo de traballo que se abre para Galicia en torno ao patrimonio inmaterial a partir da celebración da próxima asemblea do patrimonio inmaterial que terá lugar en setembro do ano 2009. Por iso animou á comunidade autónoma, a través do seu presidente, a que “Galicia tente identificar algúns exemplos para que poidan ser tamén candidatos ao título de Patrimonio Inmaterial”, posto que Galicia, aseverou o director xeral da UNESCO, “é moi rica tamén desde este punto de vista”.

Pola súa banda, o presidente galego agradeceu esta “suxerencia e oferta” do director da UNESCO e comprometeu que no memorando de colaboración que se asinará se plantexarán iniciativas “nas que imos traballar para que Galicia tamén poida presentar elementos de interese no campo do patrimonio inmaterial”. “É un amplo campo de traballo, de colaboración intensa e cordial e ímolo seguir desenvolvendo”, concluíu a este respecto o máximo mandatario galego.

Por último, o xefe do Executivo autonómico invitou a Koichiro Matsuura a visitar Santiago o vindeiro ano, coincidindo coa celebración en Sevilla da reunión do Patrimonio Mundial, invitación que o director xeral da UNESCO aceptou “con gran pracer”. A este respecto Pérez Touriño sinalou que durante a súa estadía en Galicia espera presentarlle ao director xeral da UNESCO todo “o que Galicia pode achegar a este organismo”, unha Galicia, concluíu, “que espero e quero estea cada vez máis presente no espírito e traballo da UNESCO en todo o mundo”.
[ Añadir un comentario ] [ Ningún comentario ]
# Enviado el domingo 27 de abril de 2008 17:21

EL PRESIDENTE DE LA XUNTA DE GALICIA EN PARIS

EL PRESIDENTE DE LA XUNTA DE GALICIA EN PARIS
TOURIÑO E ANNE HIDALGO ACORDAN ESTREITAR OS LAZOS DE COOPERACIÓN CULTURAL ENTRE PARÍS E COMPOSTELA APROVEITANDO AS POTENCIALIDADES DO CAMIÑO DE SANTIAGO

 O presidente da Xunta abriu a súa visita institucional á capital francesa cun encontro coa primeira tenente de alcalde do concello de París
 Ambos salientan a posta en marcha de proxectos “moi interesantes”, dado as coincidencias entre Santiago e París como cidades históricas, que tamén “se apuntan á modernidade e á cultura”
 Avanzaron na próxima sinatura dun convenio de colaboración e na apertura de relacións culturais cos museos Arqueolóxico e de Arte Moderno de París, así como co organismo municipal de Patrimonio e Arquitectura parisino
 Coinciden na necesidade de “construír o patrimonio cultural do futuro” aproveitando a infraestrutura da Cidade da Cultura
 Pérez Touriño sitúa o ano 2010 “como punto de referencia para materializar a cooperación” entre as dúas cidades
 Invita ao alcalde de París e á primeira tenente de alcalde a visitar Compostela no ano 2010, coincidindo coa celebración do Ano Xacobeo

París, 25 de abril de 2008.- O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, iniciou esta mañá a súa visita institucional á capital francesa cun encontro coa primeira tenente de alcalde e conselleira rexional, Anne Hidalgo, con quen acordou estreitar os lazos de cooperación cultural entre a capital francesa e a galega, aproveitando as sinerxías e potencialidades que ofrece o camiño de Santiago. Nesta liña ambos coincidiron en destacar a necesidade de “construír o patrimonio cultural do futuro” aproveitando tamén as futuras potencialidades da Cidade da Cultura.

Logo de manter unha xuntanza de case unha hora de duración, os dous mandatarios salientaron que existen “proxectos culturais moi interesantes que levar adiante entre París e Santiago de Compostela”, posto que hai “puntos comúns de referencia”, ao ser as dúas cidades históricas, pero tamén, en palabras de Anne Hidalgo, “cidades que se apuntan á modernidade e á cultura”. O obxectivo é estreitar os vínculos de colaboración para que “as nosas cidades se coñezan mellor” e para que os parisinos e galegos disfruten dunha cooperación cultural que “poderá ser moi interesante”.

Traballar desde xa para a sinatura dun acordo
Deste xeito, na xuntanza Pérez Touriño e Anne Hidalgo acordaron poñer xa en marcha os traballos para a próxima sinatura dun convenio de colaboración no que tamén participaría o Consorcio de Santiago de Compostela. Así mesmo avanzaron no establecemento de relacións culturais co Museo Arqueolóxico, co Museo de Arte Moderno de París e co organismo municipal encargado de Patrimonio e Arquitectura.

Emilio Pérez Touriño insistiu no vínculo común do Camiño de Santiago, o primeiro itinerario cultural europeo, e avogou por situar o próximo ano Xacobeo, o 2010, “como punto de referencia para materializar” a cooperación entre as dúas cidades, aproveitando a rede e todo o potencial cultural de París. “Imos traballar para poder materializar esa cooperación que permita crear as maiores sinerxías”, con todo “ese influxo e a potencia que ten o Camiño de Santiago, un vínculo cultural que une culturas e civilizacións, pero tamén como un vínculo de futuro, compartindo os problemas e compartindo os desafíos que nos plantexa a sociedade actual”, aseverou o máximo mandatario galego.

Pola súa banda, a primeira tenente de alcalde lembrou que o concello de París está a impulsar a rehabilitación da Tour de Saint-Jacques, a torre desde a que partían os antigos peregrinos cara a Compostela, e amosouse convencida de que este poderá ser un “sitio simbólico neste proxecto conxunto de reunir Santiago e París a través do Camiño”.

Invitación a visitar Santiago
Durante a reunión, o titular da Xunta tamén aproveitou para invitar ao alcalde de París, Bertrand Delanoë e tamén á propia Anne Hidalgo a visitar Galicia e Compostela, no ano 2010, coincidindo coa celebración do Xacobeo. “Tiven a oportunidade de trasladarlle a invitación a ela e ao alcalde, que estou seguro que aceptará e rogo lla transmita, para visitar Santiago e poder materializar nese ano 2010, coa súa visita e a súa presenza esa cooperación e colaboración que desde agora poñemos en marcha”, insistiu Pérez Touriño.

Por último, o presidente galego agradeceu a hospitalidade, “amabilidade e cordialidade” da vicealcaldesa de París e lembrou as súa orixe española. Así mesmo, salientou que un dos principais motivos da súa visita á capital francesa é o encontro coa colectividade galega, que suma máis de 3.500 persoas en París e que está “axudando a construír o futuro e o presente desta gran cidade”.

Pola súa banda, Anne Hidalgo tamén dixo sentirse agradecida pola visita do presidente de Galicia, un territorio –asegurou- “moi importante de España e moi importante para Europa”. Así mesmo, tamén se referiu a que París acolle un gran número de galegos e resaltou a súa contribución á vida da cidade.
[ Añadir un comentario ] [ Ningún comentario ]
# Enviado el domingo 27 de abril de 2008 17:16